76 E.... FIN
Ei colegas, que cambiei de blog. Vou pechar este así que nada, a vivir que son dous días. Que vaia ben. Chau, chau, chau.
Na miña opinión é moi necesaria, pero non pensedes que me vou adicar a facer propaganda política, nin nada diso. Simplemente neste blog poderedes ver diferentes críticas e noticias, incluso algún chiste que se me ocorra ou que atope por aí.

Esta fin de semana tivemos dous exemplos claros do que é unha manifestación decente e con fundamento e do que é unha farsa á que se levan nenos enganados para que protesten contra algo que non saben nin o que é.
Atención ó descubrimento que vos ofrezo. En exclusiva para tódolos meus fieies (ou non) lectores preséntovos a nova mascota do presidente de U.$.A. O seu nome científico é Anser albifrons. O nome común é Ánsar careto. Curioso nome para esta simpática ave.
Isto é o que deben estar a pensar agora mesmo os alemáns. Resulta que Merkel vai ser a primeira muller que ocupa a chancelería alemana. A min pareceríame moi ben se esta muller non fose filla dun crego e sobre todo se non fose da CDU.
O máis fodido do asunto é que para gobernar pactou co SPD ( que en galego significa Presunto Partido de Esquerdas)*, o partido de Schroeder**. Aí se repartiron eles o pastel. Para os socialdemócratas oito carteiras e para os demócrata-cristiáns seis máis a chancelería. E agora preguntoume eu, ¿que foi daquela vella división entre dereitas e esquerdas que lle permitía á xente identificarse cunha ideoloxía? Estes alemáns son uns viciosos...
*Esta tradución foi adulterada para facer máis jocoso e/o y/u divertido o artigo. N. do T.
**En alemán, no orixinal.